InicioSociedadeInvestigan a morte dunha pontenovesa cuxo cadáver presentaba trabadas de can

Investigan a morte dunha pontenovesa cuxo cadáver presentaba trabadas de can

A Garda Civil agarda a autopsia do corpo da octoxenaria para determinar a causa do falecemento. A hipótese que cobra máis forza é a de que o animal mordeu a muller "por fame" desde que esta xa morrera.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil espera os resultados da autopsia que se lle procedeu a practicar a unha veciña da Pontenova de 85 anos de idade no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo tras ser atopada morta na súa casa e con mordeduras de can.

Fontes da investigación, que sitúan o deceso fai “un par de días”, puntualizaron que foi un sobriño o que achou o cadáver da muller, que presentaba mordeduras de can. Por parte da Garda Civil precisouse que “o médico non certificou a causa” da morte “ata que non teña o informe da autopsia”, que se lle practica no HULA.

As mesmas fontes aclararon que o cadáver “non” presentaba signos de violencia á marxe desas mordeduras e indican que agora para pechar o caso hai que esperar a ese informe do hospital.

Aínda que como cando se abre unha investigación barállanse todas as hipóteses, a que cobra máis forza céntrase en que a muller xa estaba morta cando o can a puido atacar e as mordeduras puidéronse deber á “fame” do animal.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...