InicioSociedadeA Deputación ofrece o Pazo dos Deportes como espazo para a vacinación...

A Deputación ofrece o Pazo dos Deportes como espazo para a vacinación masiva

Efrén Castro destaca a boa localización, facilidade de acceso e amplitude destas instalacións, algo que facilitaría o proceso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Deputación de Lugo ofreceulle ás autoridades sanitarias a posibilidade de empregar o Pazo dos Deportes como lugar de vacinación para a campaña de inmunización fronte á Covid-19.

Así o comunicou o deputado de Deportes e voceiro do BNG, Efrén Castro, “ante a previsible necesidade de grandes espazos” para este fin. Castro precisou que as instalacións do Pazo dos Deportes poderían “adaptarse perfectamente”.  Dispón, lembrou, dunha boa localización, de fácil acceso, e dunha superficie moi ampla destinada a aparcamento.

Ademais, conta con “grandes espazos” para organizar a vacinación en condicións de seguridade.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...