InicioEconomíaConde traslada á alcaldesa de Lugo o seu compromiso de seguir colaborando...

Conde traslada á alcaldesa de Lugo o seu compromiso de seguir colaborando co tecido empresarial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación mantivo unha reunión coa alcaldesa de Lugo este mércores

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo este mércores un encontro coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, no que lle reiterou a vontade de manter “máxima colaboración” para “continuar impulsando o tecido empresarial do municipio”.

Neste sentido, trasladoulle que a Administración galega mantén intacto o seu compromiso de seguir facilitando financiamento a pemes e autónomos mediante as diferentes ferramentas coas que xa conta, tanto a través da sociedade xestora de fondos de capital risco XesGalicia, como do Igape e do resto de departamentos autonómicos que traballan para favorecer a competitividade das empresas lucenses.

Pola súa banda, a rexedora informou nun comunicado de que adquiriu o compromiso de Conde para apoiar a estratexia ‘Lugo Transforma’. Dita estratexia constitúe un fondo emprendedor municipal co que o Concello prevé mobilizar 12 millóns de euros a través dun fondo para a captación de novos investimentos e empresas para a cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...