InicioSociedadeO Sergas di que o HULA aínda "ten capacidade" para recibir pacientes...

O Sergas di que o HULA aínda “ten capacidade” para recibir pacientes doutras áreas

Malia a repunta nos ingresos, o xerente da área sanitaria explica que a presión asistencial deste hospital é menor ca noutros centros galegos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, confirmou que a presión asistencial se mantén “estable” a pesar de que durante a fin de semana aumentaron os ingresos. Asegura que o HULA aínda “ten capacidade” para atender pacientes derivados doutras áreas sanitarias.

Nestes momentos, no HULA hai 43 pacientes ingresados en planta e outros 18 na unidade de críticos. “Durante a fin de semana houbo algunha alta de UCI, pacientes que pasaron a planta” precisou Ares, quen lembrou que en Galicia o sistema sanitario está a funcionar coma se se tratase dun único hospital, así que o HULA neste momento podería seguir recibindo pacientes doutras áreas por ter unha menor presión asistencial ca outros centros.

De momento, aclarou, só foron derivados enfermos da área sanitaria de Ferrol, porque alí a presión asistencial é maior e, desta forma, conséguese que o sistema poida funcionar nesa zona con maior normalidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

A Deputación presenta a campaña de divulgación sobre a eclipse total de sol do 12 de agosto

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, presentou esta tarde na Sala de...

Carmela López e Miguel Fernández supervisan os traballos na Rúa Filarmónica Lucense

A Presidenta da Deputación, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández, supervisaron...

Lugo e Santiago estarán conectadas por autovía o vindeiro verán tras finalizar a A-54

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, anunciou que Lugo quedará plenamente comunicada...