InicioSociedadeO HULA recibe outros tres enfermos de Covid procedentes do Hospital de...

O HULA recibe outros tres enfermos de Covid procedentes do Hospital de Ferrol

O CHUF está en "situación límite", polo que se volveu optar polo traslado de enfermos a outras áreas sanitarias, unha opción que o Sergas quere esgotar antes de ter que recorrer a hospitais de campaña

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres pacientes de coronavirus que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), todos eles en planta, foron trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

Así o comunicaron fontes sanitarias a Europa Press, que destacaron que o primeiro deles foi xa foi levado na tarde deste mércores, 27 xaneiro, mentres que os outros foron trasladados ao longo da mañá deste xoves, día 28.

Todos eles estaban situados nas plantas de hospitalización da área sanitaria de Ferrol, cuxa capacidade está en “situación límite”. Segundo incidiron as mesmas fontes, “os traslados interhospitalarios da rede Sergas estaban previstos no Plan de Continxencia como unha medida máis para poder dar resposta á situación cambiante que xera esta enfermidade”.

Subliñan, ademais, que “os criterios para decidir un traslado son clínicos e organizativos” e que “a decisión de que vaian a un sitio ou a outro se acorda entre os profesionais asistenciais, segundo a situación de cada área e cada momento”.

MÁIS TRASLADOS

Non son os primeiros enfermos que recibe o HULA procedentes da área de Ferrol. Xa ocorrera a mediados de novembro e volveu suceder hai uns días, cando nun fin de semana viñeron tres pacientes ao complexo de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Detido por agresión a un policía nacional no campo Anxo Carro

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron o pasado fin de semana a un...

Investigada por furtar presuntamente 800 euros dunha carteira esquecida nunha gasolineira en Castro de Rei

A Garda Civil investiga a unha muller como presunta autora dun delito de furto,...