InicioSociedadeDetida en Lugo tras bater nun funcionario, un garda de seguridade e...

Detida en Lugo tras bater nun funcionario, un garda de seguridade e un Policía en dependencias municipais

A muller foi detida polos delitos de desobediencia, resistencia e intento de agresión aos axentes policiais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a unha muller de 45 anos tras tentar golpear a un axente que a ía a identificar despois de agredir a un funcionario municipal e a un vixiante de seguridade.

Segundo relatou a Policía Local de Lugo, sobre as 10,45 horas do pasado 25 de xaneiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi avisada pola Sala do 092 para que se trasladase ao Centro de Servizos Administrativos do Concello de Lugo –antigo Seminario Menor–, onde supostamente unha muller agredira a un funcionario municipal e ao vixiante de seguridade.

Os axentes atoparon a unha muller de 45 anos de idade “moi alterada”, destacaron as mesmas fontes, e indicoulles o vixiante de seguridade do edificio que momentos antes acudira ás oficinas sen cita previa e con berros dirixiuse aos funcionarios, ante o que tratara o vixiante de tranquilizala, instante no que a muller o agarrou pola cazadora á altura do peito e ambos caeron ao chan. Ao levantarse a muller propinoulle unha labazada, indicaron as mesmas fontes policiais.

Os policías desprazados solicitaron á muller que se identificase, ao que se negou e, ante o estado de nerviosismo en que se atopaba, ofrecéronlle a posibilidade de ser asistida polos servizos médicos, que rexeitou.

Ao continuar negándose a ser identificada, informáronlle de que ía ser conducida a dependencias policiais, momento no que empuxou a un dos policías, destacaron as mesmas fontes, e tentou agredilo, “propinándolle patadas sen que chegase a ser alcanzado”, sinalou a Policía Local.

Por iso, a muller foi detida polos delitos de desobediencia, resistencia e intento de agresión aos axentes policiais. Foi trasladada a dependencias policiais para a instrución das dilixencias oportunas para o xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...