InicioSociedadeDoce persoas perderon a vida nas estradas lucenses durante o 2020

Doce persoas perderon a vida nas estradas lucenses durante o 2020

As restricións de mobilidade deixan un dato positivo: un 39% menos de vítimas por accidente de tráfico

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 70 persoas perderon a vida nas estradas galegas o ano pasado, 18 menos que en 2019 e o menor número desde que existen rexistros oficiais, segundo informa a Delegación do Goberno en Galicia en base ao balance provisional de sinistralidade viaria da Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Un descenso que coincide coas severas restricións da pandemia.

Por provincias, o maior descenso deuse na provincia da Coruña, cunha diminución da sinistralidade mortal do 36% e un total de 25 falecidos, seguida de Lugo, cun 39% menos e 12 falecidos. Pontevedra rexistrou a mesma sinistralidade mortal que o ano anterior, un total de 24, mentres que Ourense suma unha vítima mortal ás cifras de 2019, con nove falecidos.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O Concello defende a seguridade das Festas do San Froilán pero anuncia cambios para futuras edicións

Membros da Corporación municipal, co alcalde á cabeza e acompañados polo deputado Efrén Castro,...

A CEG critica a ecoloxistas e partidos que “rexeitan sistemáticamente” novos proxectos como o de Grupo Lence en Lugo

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) lamentou o "rexeitamento sistemático" promovido, ao seu xuízo,...

Cólleno nun control mentres transportaba medicamentos prohibidos de uso sexual

A Garda Civil investiga a un home, de 55 anos e nacionalidade colombiana, como suposto autor...

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...