Home A Ulloa A Deputación abre un perfil no Facebook para manter os maiores activos

A Deputación abre un perfil no Facebook para manter os maiores activos

0
A Deputación abre un perfil no Facebook para manter os maiores activos
Na páxina de Facebook tamén se comparten fotografías antigas coma esta da malla tradicional en Pradeda, Guntín, no 1955. Foto cedida por María Luisa López Liz | ALX

A Deputación de Lugo abriu a través dos Servizos Audiovisuais unha páxina en Facebook de Maiores Lugo 3.0, o programa do organismo provincial co que se promove o uso das novas tecnoloxías entre os lucenses de máis de 55 anos, así como a súa autonomía persoal. O obxectivo é que os maiores da nosa provincia poidan seguir activos desde as súas casas mentres non sexa posible impartir a programación habitual de cursos presenciais por mor da pandemia da Covid-19.

Esta iniciativa formativa e interactiva está dirixida especialmente aos maiores, aínda que está aberta a todas as persoas que queiran participar, xa que os seus contidos poden interesar a calquera cidadán, independentemente da súa idade.

O novo espazo publica todos os días contidos audiovisuais, xogos, adiviñas e pasatempos para exercitar a mente, así como tutoriais sobre aplicacións e ferramentas tecnolóxicas para aproveitar ao máximo o uso das TICs. Ademais, estanse a compartir fotografías antigas do banco provincial de recordos de Memoria Dixital Lugo.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here