InicioSociedadeO preso contaxiado do cárcere de Monterroso permanece "asintomático"

O preso contaxiado do cárcere de Monterroso permanece “asintomático”

Deu positivo tras regresar dun permiso penitenciario e agora está en illamento para cumprir co protocolo sanitario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O director do centro penal de Monterroso, Antonio Rivera, confirmou un positivo entre os internos, que permanece illado e que se atopa “totalmente asintomático“.

O interno deu positivo o pasado 4 de xaneiro, tras regresar dun permiso penal, polo que lle “se fai un protocolo específico de illamento e unha vez que terminan o illamento fáiselles unha PCR”. “Este deu positivo e á parte de que estaba a cumprir un protocolo de ingreso para non contaxiar a máis xente, abríronse tamén protocolos específicos“, explicou.

Estima que o contacto “foi no seo da súa familia, os días que permaneceu de permiso”. “No momento que deu positivo hai un illamento sanitario estrito, de cumprimento de todas as medidas preventivas, de uso dos EPI establecidos para o mínimo contacto con el. Estará un mínimo de dez días”, precisou. “Non tivo contactos con máis internos que estaban no módulo e aí non vai entrar, nin saír ningún interno ata que pasen dez días”, agrega. Antonio Rivera constata que os presos dese módulo “deron todos negativo”, e a pesar diso permanece “confinado”.

Finalmente, sobre os funcionarios, o director de Monterroso sinalou que se traballa “con medidas de prevención, e no seguimento dos funcionarios non houbo situacións de risco”.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...