InicioSociedadeBaixan os casos e as PCR, pero aumenta a presión hospitalaria en...

Baixan os casos e as PCR, pero aumenta a presión hospitalaria en Lugo

Hai dous novos hospitalizados pola covid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Despois de varios días cos positivos diarios por enriba do limiar dos 400, Galicia detectou nas últimas 24 horas un total de 269 contaxios por covid-19, aínda que o número de probas PCR realizadas caeu por baixo das 3.500 cunha taxa de positividade do 6,6%. Pero hai un dato preocupante: a presión hospitalaria mantén a súa evolución negativa e suma 14 novos ingresados respecto ao sábado. Os hospitais galegos acollen agora a 368 pacientes con diagnóstico covid-19, dos que 57 están nas unidades de coidados intensivos (sen cambios).

Así se desprende dos datos publicados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con información solicitada ata as 18,00 horas do sábado. En Lugo aumentaron a 18 os pacientes hospitalizados (dous máis), con 2 en UCI (sen cambios).

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...