InicioSociedadeA vacina contra a Covid xa chegou a Lugo: "a ver se...

A vacina contra a Covid xa chegou a Lugo: “a ver se saímos desta”

“Aguantamos moito, pasámolo moi mal”, dixo a primeira vacinada da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Mari Carmen Fernández, unha usuaria da residencia de Burela de 85 anos, foi este martes a primeira persoa vacinada de coronavirus na provincia de Lugo. Un momento de “moita emoción”, recoñeceu, admitindo estar “alucinada” polo xeito no que “os científicos atoparon en tan pouco tempo a vacina. Quero publicamente darlles as grazas e a todas as persoas que colaboraron con isto; estabamolo pasando moi mal e isto é unha sorte moi grande”, afirmou.

“A ver se saímos desta”, sinalou Fernández, que atribuíu a vitalidade e súa xuvenil apariencia -ninguén diría que naceu no 1935– “ao ben que me coidaron” no xeriátrico, de titularidade pública. “Isto é a solución, a salvación, e xa quixen apuntarme ás probas para perfeccionar a vacina, pero non mo permitiron pola miña idade”, afirmou.

“Aguantamos moito, pasámolo moi mal”, resumiu en relación coas longas tempadas que pasaron illados os usuarios nas residencias, que en moitos casos convertéronse en trampas mortais con abrochos que provocaron numerosas mortes entre pacientes especialmente vulnerables. “Agora síntome liberada, libre deste pesadelo”, remarcou Fernández, que terá que recibir unha segunda dose para que a vacina sexa plenamente efectiva.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O PP reivindica a “paixón e o rigor” de Cacharro na política: “Hai que saber de onde vimos”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou este mércores "o legado de estabilidade, fiabilidade...

Miguel Fernández estrutura o seu goberno tras a incorporación da edil María Reigosa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asinou este martes o decreto de reorganización do...

Luz verde ambiental da Xunta ao proxecto para a construción de 1.200 vivendas no barrio Sacro Corazón

A Xunta informou este martes de que deu "luz verde ambiental" ao Proxecto de...

O BNG urxe ao Goberno a cumprir o pactado e crear xa o xulgado de violencia de xénero en Lugo: “As demoras son inxustificadas”

O Bloque Nacionalista Galego instou ao Goberno do Estado a "acelerar" os trámites necesarios...