InicioSociedadeA Policía de Lugo interpuxo 17 denuncias por incumprimento de medidas anticovid...

A Policía de Lugo interpuxo 17 denuncias por incumprimento de medidas anticovid desde o día 23

Moitas delas é por superar o número de persoas en vía pública.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interpuxo, desde o pasado mércores, día 23, un total de 17 denuncias relacionadas co incumprimento de distintas medidas anticovid en vigor. En concreto asináronse sete actas de denuncia por incumprimento da norma de grupos máximos de persoas en espazos públicos, que carrexan multas de entre 601 e 30.000 euros.

Do mesmo xeito, levantáronse catro actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por non facer uso da máscara de protección e dúas por circular durante as horas de toque de queda nocturno sen xustificación e unha por entrada no termo municipal de Lugo, que se atopa pechado perimetralmente.

Finalmente, levantáronse dúas actas de denuncia por “falta de respecto e consideración” aos axentes e unha a un local de hostalaría que superaba o aforamento máximo permitido do 40% no interior.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP fai historia: primeira moción de censura no Concello de Lugo desde a recuperación da democracia

O Concello de Lugo vivirá este xoves, 7 de maio, a súa primeira moción...

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...