InicioMedioambiente e PatrimonioCastro de Rei recomenda non consumir auga da traída tras detectarse unha...

Castro de Rei recomenda non consumir auga da traída tras detectarse unha vertedura

O desbordamento do Miño seguramente provocou que chegaran ao manantial da Quintela restos de xurros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, anunciou a apertura dunha investigación para dar co responsable dunha vertedura que chegou á captación de auga e que obrigou ao goberno local a recomendar aos seus veciños que non consuman auga da traída.

Segundo explicou o rexedor, trátase dunha “recomendación” que se manterá durante os próximos tres días, aínda que este xoves produciuse unha “melloría” na situación porque o nivel do río Miño “baixou bastante e por tanto xa non sae con tanto cheiro”.

“Non presenta ese cheiro nauseabundo que tiña onte e sobre todo a noite anterior”, sinalou o alcalde, que incidiu en que a recomendación do goberno local débese exclusivamente ao “cheiro” da auga, xa que “o nivel de turbidez é perfecto“.

A ORIXE POSIBLE: XURROS

Neste sentido, vaticinou que “nun par de días a situación remitiría e poderase consumir con normalidade”, á vez que apuntou á posibilidade de que a orixe do episodio estea “nalgunha vertedura de xurro, sobre todo ocasionado nas inmediacións da captación, a través do manancial, A Fonte da Quintela, ou dalgunha zona próxima no río Miño”.

Isto, continuou, podería producirse “como consecuencia do desbordamento do Miño” tras as intensas choivas dos últimos días. Con todo, defendeu que se trata dun problema de cheiro que non afecta á turbidez das augas unha vez aplicado o cloro.

“No concello fixemos analíticas e en canto teñamos os resultados, evidentemente, tomaremos as medidas que consideremos oportunas. Non podemos poñer o foco nunha vertedura concreta, pero si que é certo que notamos que arrastra unha serie de residuos e unha serie de sustancias que poden ser nocivas para a auga”, concluíu o rexedor de Castro de Rei.

ÚLTIMAS

Rescatan en Lugo a un can atrapado nunha xanela

Axentes da Policía Local rescataron en Lugo a un can que quedou atrapado na...

Pechada a piscina pública de Monterroso pola aparición de feces

A piscina pública de Monterroso foi cerrrada este luns sobre as 18.00 horas da...

Denunciados 118 condutores en Lugo por superar a velocidade permitida

Un total de 118 condutores foron denunciados en Lugo por superar a velocidade permitida,...

Falece o dramaturgo e actor lucense Manuel Lourenzo

O dramaturgo e actor lucense Manuel Lourenzo faleceu este domingo na Coruña aos 82...