InicioSociedadeLugo, a segunda provincia con máis concellos sen detectar COVID en dúas...

Lugo, a segunda provincia con máis concellos sen detectar COVID en dúas semanas

Un total de 97 concellos en toda Galicia levan dúas semanas sen detectar covid, a maioría están en Ourense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo é a segunda provincia con máis concellos que non detectaron casos de coronavirus en dúas semanas, un total de 27 –o 40,3% das 67 localidades que a compoñen–, oito máis que hai unha semana.

Trátase de Barreiros, Becerreá, Begonte, Cervantes, O Corgo, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Friol, O Incio, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Pol, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Trabada, O Valadouro e O Vicedo.

Galicia contabiliza este sábado un total de 97 municipios nos que non se rexistrou ningún caso de coronavirus nos últimos 14 días, o que implica case un terzo, o 30,9% dos 313 concellos galegos, e un aumento de 23 con respecto ao pasado sábado. De todas as localidades libres de covid, a gran maioría –54– volve estar na provincia de Ourense.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...