InicioMedioambiente e PatrimonioAparecen novas evidencias da importante historia de Lugo nas sondaxes do Claustro...

Aparecen novas evidencias da importante historia de Lugo nas sondaxes do Claustro da Catedral

Apareceron construcións romanas, medievais e numerosas tumbas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta realiza unha serie de sondaxes arqueolóxicas no Claustro da Catedral de Lugo, unha actuación que se iniciou o pasado mes de novembro e que está a piques de terminar tras descubrir varios muros romanos e medievais e unha necrópole de tumbas rectangulares.

Este sábado, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Ares, visitaron o templo, no que se realizan traballos para avaliar o sistema construtivo e a potencialidade arqueolóxica de cara ás actuacións que están previstas no proxecto de restauración do claustro, que actualmente se atopa en fase de redacción, e no que a Administración autonómica investirá 500.000 euros en 2021.

Na visita, o conselleiro comprobou o estado das sondaxes que levan a cabo nunha superficie de 18 metros cadrados e que permiten constatar unha superposición de restos arqueolóxicos de diferentes épocas históricas, desde a romana ata a actualidade.

Concretamente, os traballos de campo, que están a piques de terminar, permitiron descubrir unha construción da época romana que apareceu no oeste do claustro e que parece continuar en ángulo recto en dirección norte. Así mesmo, constatouse a aparición duns muros que poderían formar parte do antigo claustro medieval da Catedral.

Doutra banda, a Xunta destacou que as sondaxes tamén serven para documentar, por enriba dos anteriores muros, unha necrópole de tumbas rectangulares. Neste punto, existe unha clara superposición deste tipo de enterramentos, algúns dos cales aínda conservan restos de ósos humanos que se están estudando para pescudar a época á que pertencen.

BARROCO

O departamento autonómico sinalou tamén que a actuación está a permitir constatar traballos desenvolvidos durante a etapa barroca da Catedral, como é o descubrimento da bancada de cimentación da sancristía, construída a finais do século XVII por Domingo de Andrade e tamén os muros de cimentación das tres cuadrillas do claustro barroco (1705-1714). Todas estas obras romperon a secuencia estratigráfica das etapas anteriores, nas que, ademais, obsérvase o aproveitamento de elementos arquitectónicos da época medieval.

Durante a súa visita, Román Rodríguez puxo en valor o importante compromiso da Xunta de Galicia co patrimonio histórico, artístico e cultural de Galicia que, segundo indicou, reflíctese nos orzamentos presentados para 2021, que contemplan un incremento do 19% nos fondos destinado a conservación e rehabilitación.

Ademais, sinalou que o patrimonio lucense ocupará un lugar destacado e que, ao longo do próximo exercicio, ademais das actuacións previstas na Catedral, o Goberno galego destinará máis dun millón de euros a actuacións vinculadas á muralla, entre outras.

+ posts

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

Os GES toman Lugo para esixir recoñecemento laboral e ameazan con folga se non hai solución

Bombeiros dos corpos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) concentráronse este martes ante a...

O PP provincial acusa a Carmela López de manter “as imposicións” de Tomé sobre os traballadores de Tragsa

Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentan que Carmela López perdera hoxe “unha oportunidade...

A Xunta nega “colapso” no HULA e atribúe a morte de dous pacientes a súa situación “moi delicada”

A área sanitaria de Lugo desmentiu que o servizo de urxencias do Hospital Universitario...