InicioSociedadeVilalba acolle unha protesta do BNG contra os recortes en Atención Primaria

Vilalba acolle unha protesta do BNG contra os recortes en Atención Primaria

Os nacionalistas esixen 100 millóns máis para este servizo nos Orzamentos do 2021.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG organizou este sábado, fronte ao centro de saúde de Vilalba, unha concentración para clamar contra os “recortes” da Xunta en Atención Primaria, para a que os nacionalistas piden 100 millóns de euros máis nos orzamentos autonómicos de 2021.

A deputada do Bloque no Parlamento galego Olalla Rodil participou, xunto a decenas de membros da formación no municipio, nesta protesta que levou por lema ‘Defendamos a Sanidade Pública Galega, Non aos Recortes na Atención Primaria’.

Neste contexto, Rodil sinalou á Primaria como “unha peza chave para xestionar e frear a pandemia”, polo que instou á Xunta a “garantir o persoal e os materiais precisos” para o seu “total funcionamento”.

A tamén viceportavoz do BNG no Parlamento insistiu en que se necesita “desconfinar” a Primaria, porque “hai que atender aquelas persoas que seguen sufrindo as mesmas enfermidades antes de que chegase a covid-19”.

Ademais, os nacionalistas reclamarán na Cámara galega protocolos “claros” para finalizar coas “discriminacións e desigualdades” que se detectan na atención sanitaria galega nos últimos meses, segundo denuncian.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

Denuncian un veciño de Lugo por depositar restos de obra en contedores de lixo doméstico

A Policía Local de Lugo denunciou ao responsable dunha vertedura ilegal na cidade, que...