InicioPolíticaO goberno provincial acusa a Feijóo de non compartir cos alcaldes os...

O goberno provincial acusa a Feijóo de non compartir cos alcaldes os datos da pandemia

José Tomé critica que Feijóo "pecha municipios con datos moito mellores que outros" onde goberna o PP

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno da Deputación de Lugo, formado polo PSdeG e o BNG, acusou o presidente da Xunta de Galicia de falta de transparencia no que respecta aos datos do coronavirus. Aféanlle a Alberto Núñez Feijóo que non comparta información cos alcaldes da provincia, “que se enteran pola prensa” da evolución da pandemia no seu municipio.

En declaración previas ao pleno provincial deste martes, o presidente da Deputación, José Tomé, xa anunciaba este asunto que máis adiante se abordaría na sesión ordinaria. Tomé lembrou que Feijóo “asistía encantado” ás reunións semanais que o Goberno de España convocaba todos os domingos durante o primeiro estado de alarma, pero “resulta que el non fai ningunha nin cos presidentes dos gobernos provinciais, nin cos alcaldes nin co presidente da Fegamp”.

Ademais, segundo Tomé, Feijóo é “capaz de pechar municipios con datos moito mellores ue aqueles nos que goberna o seu partido”. “Todos os alcaldes, sexan do partido que sexan, teñen dereito a ter información que afecte o seu concello”, sinalou.

Tanto socialistas como nacionalistas criticaron a xestión de Feijóo durante a pandemia, do que din que dende que recuperou as competencias “deixou de dar roldas de prensas” e comparecencias diarias na Televisión de Galicia.

MANIPULACIÓN NA TVG

De feito, o pleno tamén incluía unha moción a fío da situación da CRTVG, onde o colectivo de traballadores ‘Defende a galega’ levan dous anos con protestas contra as presións e manipulación neste ente público.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación de Lugo subliña que a igualdade “ten que ser o eixo” que marque calquera decisión

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, subliñou este...

A Deputación de Lugo adxudica por 300.000 euros obras en Adolfo Suárez e na estrada de Pantón

A Deputación de Lugo deu luz verde a dúas novas actuacións na rede viaria...

Deputación inviste case 300.000 euros para proxectos viarios en Lugo e Pantón

A Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación de dous proxectos para continuar...

O Concello de Lugo lamenta que a Xunta non lles transmita información sobre o Plan Director da Muralla

O Concello de Lugo solicitou oficialmente á Xunta de Galicia a entrega do Plan...