InicioSucesosDetidos dous homes por ameazarse mutuamente con armas brancas tras unha pelexa...

Detidos dous homes por ameazarse mutuamente con armas brancas tras unha pelexa nun bar

A liorta tivo lugar nas proximidades dunha comisaría.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron na noite do luns a dous homes novos, veciños da cidade, por senllos delitos de ameazas tras ameazarse mutuamente con armas brancas tras unha pelexa nun bar.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos desenvolvéronse desde o interior dun local de lecer da rúa Camiño Real á rúa Chantada. Supostamente un dos homes no bar dirixiuse ao outro, tras unha conversación coa parella deste, “e sen mediar palabra tentou cravarlle un coitelo, tirándoo ao chan, momento no que o resto dos presentes conseguen que o deixe e este pode marcharse do lugar”.

A continuación o agredido saíu “correndo detrás do agresor cunhas tesoiras na man, momento en que o perseguido atópase cuns coñecidos e relátalles o sucedido”, indicaron as mesmas fontes, co que se dirixen a dependencias policiais a presentar denuncia.

Unha vez na intersección da rolda da Muralla coa rúa German Alonso, apareceu o segundo home coas tesoiras e ameazou aos outros. “Debido á proximidade ás dependencias policiais, os funcionarios en servizo decátanse da situación e proceden a intervir, contendo ás partes”, destacou a Policía.

Unha vez separados os contendentes, procedeuse a aclarar a situación e tomar diversas declaracións das testemuñas, que levaron á detención dos dous homes por ameazas con arma branca mutuamente.

A Policía Nacional destacou que a tesoira utilizada por un dos agresores foi localizada debaixo dun turismo. De todo iso deuse conta ao xulgado de garda, onde serán postos a disposición xudicial ao longo deste martes.

ÚLTIMAS

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian danos en dúas mámoas do Camiño Primitivo na Fonsagrada

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Mariña Patrimonio veñen de...

A Deputación reclama á Xunta investimentos para atender persoas maiores na provincia

O Pleno da Deputación de Lugo reclamou á Xunta un plan de investimentos específico...

Arquivada a causa aberta contra o presidente de Castilla y León por unha entrada para ver ao Real Madrid

O maxistrado do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Joaquín Brage, asinou este...

Detidos dous veciños de Lugo como autores de varios roubos con forza en vivendas e por tenencia de armas

Axentes da Garda Civil detiveron na estrada LU-612 a dous veciños de Lugo como presuntos autores...