InicioSociedadeMonterroso cancela a Feira de Santos por "sensatez, coherencia e responsabilidade" ante...

Monterroso cancela a Feira de Santos por “sensatez, coherencia e responsabilidade” ante a covid-19

Con máis de 700 anos de historia e centro de atracción de miles de persoas, este evento xa conta coa distinción de Festa de Interese Turístico Galego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Monterroso decidiu cancelar a Feira de Santos por “sensatez, coherencia e responsabilidade” ante a pandemia da covid-19.

“A actual incerteza creada polos continuos rebrotes e a dificultade que se albisca ao redor da mobilidade leva ao goberno local a tomar esta triste medida a pesar de tentalo ata o último momento“, destaca o Consistorio.

En calquera caso, traslada a súa intención e compromiso de “loitar para que esta feira sexa declarada festa de interese turístico nacional” e “revitalizala” en próximos anos.

Con máis de 700 anos de historia e centro de atracción de miles de persoas, este evento xa conta coa distinción de Festa de Interese Turístico Galego.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...