InicioSociedadeOs avogados de Lugo agardan que o novo xulgado do social solvente...

Os avogados de Lugo agardan que o novo xulgado do social solvente a “saturación” dos actuais

Destacan que en ocasións sinálanse xuízos para 2023.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do Colexio de Avogados de Lugo, Félix Mondelo, celebrou este mércores que antes de fin de ano se vaia a contar en Lugo cun novo Xulgado do Social, que sería o cuarto, á vez que lamentou que os outros tres seguen “saturados” e nalgúns casos prodúcense “sinalamentos para os xuízos en 2023”.

“É unha cousa que levabamos reivindicando desde hai tempo e aí coincidiamos o presidente do TSXG, a Consellería de Presidencia, a alcaldesa de Lugo, así como nós que observabamos que se estaban dilatando moito o señalamientos para celebrar xuízo, nalgún caso ata 2023″, puntualizou.

Con ese novo xulgado confía que se rebaixe a carga de traballo das outras tres salas do Social. Mondelo precisou que nos procesos que se seguen “son preferentes os despedimentos, eses teñen un señalamiento preferente pero hai moitos asuntos como; pensións, pagos de atraso dalgunha cotización ou recoñecementos de invalidez que teñen unha gran importancia para os cidadáns e os empresarios”.

OUTRO XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA

Ademais, o presidente do Colexio de Avogados de Lugo asegurou que se fai “imprescindible” outro “Xulgado de Primeira Instancia, porque o Mercantil está a lume de biqueira e vai estar máis”.

A isto sumou que “os sociais teñen excesivo traballo e a ver si co novo vaise amañando un pouco, pero os de primeira instancia hai algún que está atrancado e non por problemas de abundancia senón porque hai problemas de atención xurisdicional”. “Agora estamos cun reforzo no Xulgado de Primeira Instancia número 1, que está a atrasar sentenzas e tívose que recorrer a un xuíz de reforzo”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...