InicioSociedadeFala Stop Desafiuzamentos Lugo: "Desaloxaron a unha parella de emigrantes retornados sen...

Fala Stop Desafiuzamentos Lugo: “Desaloxaron a unha parella de emigrantes retornados sen recursos entre insultos e ameazas”

Traballa en 18 casos de falta de pagamentos de alugueres. Denuncia que a Xunta non busca vivendas para esta xente e situación de precariedade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta de Stop Desafiuzamentos Lugo, Mina Galván, concretou este luns que traballan en 18 casos de falta de pagamentos por alugueres na provincia, entre eles o dun matrimonio de avanzada idade retornado de Cuba.

Galván asegurou que estes 18 casos “son urxentes”. “Houbo algunha execución, houbo que paralizalos e agora algún está en vías de solución”, constatou. A activista lamentou que “pouca solución hai (a este problema dos alugueres) porque a Xunta che dá o diñeiro pero non busca unha vivenda e a vivenda é moi difícil de atopar para unha persoa precarizada que non ten avais, nin nada para facer fronte aos requisitos que se piden”.

“Ademais a xente ten os seus motivos para desconfiar. Ter un bono (de aluguer) tiña que ser garantía de pago, pero a xente está moi desconfiada por esta publicidade mediática que está encima dos ocupados. A ocupación en Lugo é irrisoria”, subliñou.

Un dos casos “máis graves” sobre os que traballan na plataforma é o “dunha parella de persoas moi maiores, son dous retornados de Cuba, dúas persoas abandonadas polas institucións”, sinalou. O home, que ten máis de 70 anos, sufriu catro infartos e ten unha pensión non contributiva, en tanto que a muller, de 75, non cobra “absolutamente nada”. Agora conviven cun fillo, logo que fosen desaloxados no medio de “insultos e ameazas” polo propietario da vivenda na que residía esta parella “maior”, explicou.

Mina Galván lamentou a ausencia de vivendas sociais en Lugo, cifrando en “uns cen” as necesarias para facer fronte á demanda que se dá na provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...