InicioSociedadeDenuncian unha condutora con Covid positivo interceptada incumprindo o illamento

Denuncian unha condutora con Covid positivo interceptada incumprindo o illamento

Os axentes subliñaron que "incumpría a corentena ou illamento por neglixencia grave" e puña "en risco a saúde doutras persoas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron por “neglixencia grave” a unha condutora con Covid-19 positivo interceptada cando circulaba pola vía pública.

Segundo relatou a Policía Local, a condutora foi interceptada cando circulaba pola vía pública tras constatar que dera positivo nas probas de Covid-19 e non fixera o test concertado días máis tarde para saber se seguía co mesmo resultado.

Os axentes subliñaron que “incumpría a corentena ou illamento por neglixencia grave” e puña “en risco a saúde doutras persoas”, polo que denunciaron a súa conduta, que leva aparellada sanción de entre 3.005 a 15.025 euros, indicaron as mesmas fontes policiais.

Ademais, na madrugada deste 24 de setembro efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo tramitaron dúas actas denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao detectar a dúas persoas que camiñaban pola vía pública sen facer uso da máscara de protección e “non se estaban en ningunha das causas de exención”.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...