InicioPolíticaA Deputación destinará 40.000 euros á Federación de Asociacións de Veciños

A Deputación destinará 40.000 euros á Federación de Asociacións de Veciños

A contía permitirá contratar dous traballadores e financiar campañas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O titular da Deputación de Lugo, José Tomei, e o presidente da Federación de Asociacións de Veciños, Jesús Vázquez, subscribiron este xoves un convenio de colaboración polo que o goberno provincial destinará 40.000 euros a esta entidade.

No acto de firma, Vázquez agradeceu a “xenerosidade” da deputación que, segundo indicou, permitirá a contratación dos dous traballadores que se encargan habitualmente de “cubrir toda a documentación administrativa” das distintas asociacións de veciños da provincia, que suman case 300 ou o que é o mesmo “tantas asociacións” como en Galicia, presumía o presidente do movemento veciñal.

Así mesmo, sinalou que o diñeiro tamén se destinará ás distintas campañas que patrocina a federación, como o ‘Día da árbore’ ou o ‘Día do Veciño’, así como a accións reivindicativas como pedir que Lugo conte con “autoridade portuaria”. Pola súa banda, o presidente provincial, José Tomé, apelou á importancia do movemento veciñal ao que describiu como un “alicerce fundamental da democracia, en canto ao que é a participación cidadá”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...