InicioSociedadeRexeitamento frontal das anpas ó protocolo de Educación para o curso vindeiro:...

Rexeitamento frontal das anpas ó protocolo de Educación para o curso vindeiro: “chamamos ás familias a manifestarse”

Anpas de Vilalba advirten de que o comezo do curso será unha "bomba explosiva" pola convivencia de menores de entornos distintos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Varias asociacións de nais e pais de alumnos dos centros escolares de Lugo manifestaron nas últimas horas a súa “profunda preocupación” ante o inicio do curso 2020-2021 nun contexto marcado pola incidencia do virus covid-19. Desde a Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos de Lugo (Fapacel), a súa presidenta Isabel Calvete fixo “un chamamento ás familias para que se manifesten e fagan valer os seus dereitos”.

Neste sentido, Fapacel pide aos pais e nais “que esixan uns protocolos que garantan a presencialidade nas clases e sobre todo a seguridade”. “Non podemos mandar aos nenos coa dúbida de se se van a contaxiar nos colexios, polo que necesitamos unha total garantía de seguridade”, advertiu Calvete. Pola súa banda, desde as asociacións de pais e nais de diferentes centros da provincia compartiron vídeos a título particular nas redes sociais, nos que rexeitan abertamente o “protocolo anticovid” da Xunta de Galicia ou piden “sentidiño” á conselleira de Educación, Carmen Pomar.

UNHA “BOMBA EXPLOSIVA”

No caso das anpas dos tres centros de infantil e primaria da localidade de Vilalba -CEIP Manuel Mato Vizoso, CEIP Antonio Insua Bermúdez e Escola de Educación Infantil de Vilalba-, emitiron un comunicado conxunto no que manifestan a súa preocupación por “os rebrotes que se están producindo no ámbito próximo, como en Cospeito ou Castro Ribeiras de Lea”.

No devandito comunicado alertan de que o inicio de curso será unha “bomba explosiva” e unha “burbulla inestable” provocada pola convivencia de menores de “distintas contornas familiares, laborais e sociais” que “se van a mesturar nos buses, nos servizos de madrugadores, nos comedores ou nas actividades extraescolares sen ningún tipo de planificación”.

Por iso, piden á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Educación que traballen conxuntamente para “habilitar espazos, deseñar quendas racionais, desdobrar aulas, reducir a xornada lectiva, contratar máis docentes, promover axudas para as familias e as empresas para a conciliación familiar ou planificar roteiros seguros de transporte escolar”, entre outras medidas.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...