InicioSociedadeLugo crecerá de "cara ao río" pola cesión de 2 quilómetros da...

Lugo crecerá de “cara ao río” pola cesión de 2 quilómetros da N-V por parte do Goberno

Esta cesión, permitará adaptar o viario "ás normas municipais" o que fará avanzar "as actuacións" moito máis rápido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo e o Goberno de España asinaron este mércores a cesión deu n tramo de 2,6 metros de lonxitude da N-V en favor da Administración local, un feito que, segundo indicou a alcaldesa, permitirá que a cidade siga crecendo “de cara ao río“.

No acto, no que a rexedora lucense estivo acompañada polo delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, Lara Méndez quixo agradecer a “implicación e o traballo” do delegado coa cidade de Lugo.

Para a rexedora esta cesión vai permitir “seguir deseñando” a súa “estratexia de cidade“, a Muramiñae, para que a cidade de Lugo “continúe” crecendo.

A zona da cesión, que vai desde a ponte Branca ata a variante da Avenida das Américas, atópase no medio da zona Dusi. “Permitiranos continuar coas actuacións que xa están en marcha“, dixo a alcaldesa referíndose a a pasarela sobre a Nacional ou o paso subterráneo.

Ademais, esta cesión, permite adaptar o viario “ás normas municipais” o que fará avanzar “as actuacións” moito máis rápido. A intención da alcaldesa de Lugo é “seguir mellorando a cidade” e continuar “dinamizándoa para conectala co río Miño”.

Para o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, tamén é “un día importante” e aínda que “dous quilómetros non parezan moito” para a cidade de Lugo, segundo indicou, “permitirán que se faga un Lugo máis grande” e que o Concello “continúe co proxecto ambicioso” de abrir “a cidade ao río“.

ÚLTIMAS

Novas obras no viaduto do Castro provocarán afectacións ao tráfico a partir deste luns

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este luns os traballos para impermeabilizar o...

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...