Tres persoas foron denunciadas por non levar postas máscara cando transitaban pola cidade de Lugo, dúas das cales non portaban ningunha. Así o informou a Policía Local de Lugo, que relatou que estas denuncias se levaron a cabo no marco dun filtro para comprobar o cumprimento das medidas establecidas para a prevención do contaxio da COVID-19.
En concreto, axentes do Grupo Operativo Nocturno procederon a denunciar a tres persoas entre as 23,00 e as 23,30 horas do pasado 3 de agosto.
A primeira destas persoas foi interceptada na confluencia da Avenida da Coruña con Curros Enríquez e nin usaba nin portaba encima unha máscara. Mentres, as outras dúas persoas foron denunciadas en Camiño Real, ningunha das cales usaba máscara, a pesar de que unha delas si a levaba.