InicioSucesosPolicías salvan a un bebé de dous meses en Lugo

Policías salvan a un bebé de dous meses en Lugo

O neno tiña a tez moi pálida e perdera a respiración tras sufrir un afogamento. Por outra banda, un peregrino chinés atopábase deambulando despois de ser vítima dun roubo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional realizaron o pasado luns un traslado de urxencia en coche patrulla para salvarlle a vida a un bebé de dous meses na cidade de Lugo.

Os policías atopábanse na Rolda da Muralla nunha patrulla ordinaria de seguridade cidadá cando apareceu un coche tocando o claxon e acelerando. Alí, dúas mulleres que ocupaban o vehículo “manifestan que levaban un bebé de dous meses que se lles morría“.

Nese momento, os axentes observaron que o bebé tiña a “tez moi pálida e principio de livideces”. As mulleres indicaban que o neno perdera a respiración por un atragantamento e tiña refluxos.

Segundo informa a Policía Nacional nun comunicado, dado que “non daba tempo de esperar por unha ambulancia do servizo médico”, os axentes tomaron a decisión de subir ao vehículo ao bebé coas mulleres.

Así, foron levados a urxencias pediátricas do hospital de Lugo (HULA), onde foi o bebé foi atendido polos médicos e conseguiuse a súa recuperación.

ASISTENCIA A PEREGRINO

Por outra banda, axentes da Policía Nacional da comisaría de Lugo realizaron outra actuación para asistir a un home de nacionalidade chinesa que estaba a facer o Camiño de Santiago e que “se atopaba deambulando” pola estrada nacional V á altura de Baralla (Lugo).

Veciños alertaron ao 112 de que había un home en pantalón curto e camiseta que andaba pola estrada en dirección a Madrid. O home fora vítima dun roubo e non contaba con pertenzas nin documentación, mentres tentaba dirixirse a Barcelona, onde ten a coñecidos.

Unha vez en Lugo, despois de ser atendido polos servizos médicos da PAC do Corgo e derivado a urxencias do HULA, foi trasladado ao fogar do transeúnte para pasar a noite.

+ posts

ÚLTIMAS

Elena Candia busca “fórmulas legais” para incorporar á tránsfuga Reigosa no goberno local

O pleno do Concello de Lugo no que se debatirá a moción de censura...

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Vilalba reclama unha reunión coa Xunta para tratar o estado da estación de autobús

A Estación de Autobuses de Vilalba, propiedade da Xunta de Galicia, está nun estado...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...