InicioPolíticaO presidente da Deputación de Lugo cre que Alcoa "pasoulle factura" ao...

O presidente da Deputación de Lugo cre que Alcoa “pasoulle factura” ao PSdeG

Apoia darlle máis tempo a Caballero no PSdeG.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, considerou que a pandemia do cononavirus e a situación da factoría de Alcoa en San Cibrao, en Lugo, pasaron “factura” ao PSdeG pero trasladou o seu apoio ao candidato socialista, Gonzalo Caballero, ao que apoia darlle máis tempo á fronte do partido.

Así se pronunciou nunha entrevista radiofónica difundida pola propia institución provincial o tamén alcalde de Monforte, que sostivo que, aínda que o PSOE mellorou o seu resultado, este incremento de apoio foi “insuficiente”.

Ademais, asegurou que a “conxugación” de “varias cousas” como o “bombardeo constante” contra a xestión da pandemia por parte do Goberno central e a “problemática de Alcoa” afectaron os resultados. Con todo, subliñou o seu apoio ao secretario xeral do PSdeG e candidato á Xunta, Gonzalo Caballero, do que lembrou que “leva moi pouco tempo á fronte do partido”. “En poucas ocasións se gañan as eleccións á primeira”, manifestou.

Ten un bo proxecto, aínda non era o seu momento, que estou seguro de que chegará. Tense que dar a coñecer un pouco máis”, afirmou nunha intervención na que lembrou que o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, encara xa o seu cuarto mandato e que a nacionalista Ana Pontón leva uns “15 anos” na Cámara galega.

ÚLTIMAS

Denunciado un mozo por desobediencia por criticar unha detención policial

Un mozo de 18 anos de idade foi denunciado en Lugo por un suposto...

O orzamento do Concello de Lugo destina nove millóns de euros a investimentos

O Goberno municipal de Lugo, por medio da alcaldesa socialista, Paula Alvarellos, e o...

Galardón para as Audioguías dos Ancares que entran nun catálogo dos mellores camiños sonoros do mundo

'Vos Andares' é unha serie de viaxes sonoras creada por artistas de diferentes ámbitos...

Lugo Monumental denuncia ante a Valedora a venda de falsificacións nos postos de San Froilán

A asociación Lugo Monumental levou ante a Valedora do Pobo a venda de produtos...