InicioPolíticaFeijóo fai campaña nas agardadas instalacións de Aspnais no hospital San José

Feijóo fai campaña nas agardadas instalacións de Aspnais no hospital San José

O presidente da asociación, José Reigosa, fai campaña a prol do presidente da Xunta. Pola súa parte, a Deputación critica a "utilización dos medios públicos en campaña electoral en beneficio propio".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou este venres en Lugo, acompañado da conselleira de Política Social, Fabiola García, nunha visita ás novas instalacións de Aspnais no antigo Hospital de San José, xunto co presidente da asociación, José Reigosa.

Na súa intervención, Feijóo presumiu do “compromiso da sociedade galega coa discapacidade” e “coas asociacións serias que xestionan con rigor o diñeiro público“. Ademais o presidente da Xunta dixo que “todos os lucenses se poden sentir orgullosos destas instalacións”, aínda que a espera pola súa apertura se demorou no tempo.

O PRESIDENTE DE ASPNAIS APOIA A FEIJÓO

Pola súa parte, o presidente de Aspnais, José Reigosa, subliñou que “as instalacións están practicamente terminadas” e que só faltan “pequenos detalles exteriores“. O representante da asociación sumouse á campaña e agradeceu persoalmente a Feijóo e á conselleira de Política Social o “traballo realizado pola Xunta” con respecto a este colectivo.

Ademais, Reigosa aproveitou para encomiar o labor do PP e do seu presidente durante os once anos de goberno e desexou que o PPdeG, con Feijóo á fronte, “volva gañar as eleccións” porque así “a Aspnais iralle moi ben”.

De Reigosa, o presidente dixo que “é unha persoa afable e amable que sempre pide pero sempre dá”. Ademais, o máximo mandatario da Xunta dixo que esta asociación, con 50 anos de vida, “é clave para entender o espírito da cidade de Lugo”. “Ímonos coa satisfacción do deber feito e deixamos en boas mans a discapacidade en Lugo”, remarcou o presidente.

TOMÉ: “É UNHA FALTA DE RESPECTO”

Pola súa parte, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, criticou duramente a visita de Feijóo ao centro de Aspnais, asociación á cal o ente provincial cedera no 2014 o uso do hospital San José. Tomé explicou que “non foran convidados” ao acto máis alá dunha notificación de última hora. De calquera modo, censurou a maneira na que Feijóo “utilizou os medios públicos en campaña electoral en beneficio propio”.

ÚLTIMAS

Varias denuncias de lucenses vítimas dunha estafa piramidal con criptomoedas

Numerosos veciños de Lugo e da provincia denunciaron ser vítimas dunha estafa piramidal vinculada á...

O Concello defende a licitación da xestión do Vello Cárcere e acusa ao PP de “mentir e manipular”

O secretario de Estado, Fernando Martínez, mostrou a súa satisfacción polo resultado do proceso...

Lugo impulsa o mantemento da Muralla no 25 aniversario do seu Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo aprobou na súa xunta de Goberno a licenza que permitirá...

A Garda Civil salva a unha muller desorientada na A-8 en Mondoñedo

A Garda Civil auxiliou a unha persoa que camiñaba desorientada pola noite pola autovía...