InicioMovementos sociaisA Deputación de Lugo pide traballar desde a escola para rematar coas...

A Deputación de Lugo pide traballar desde a escola para rematar coas discriminación do colectivo LGTBI+

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo quixo sumarse ás reivindicacións do colectivo LGTBI+ e mostrar o seu “firme compromiso” a través dunha declaración institucional con motivo do Día Nacional do Orgullo, que se celebra este domingo 28 de xuño, na que aposta por “traballar desde a escola” para lograr a igualdade.

Así, o goberno provincial dirixido por José Tomé reafirma o seu respaldo ás políticas “que contribúan a alcanzar unha sociedade que garanta os dereitos e a igualdade real” das persoas LGTBI+, especialmente ás mulleres lesbianas, trans e bisexuais, as “grandes invisibilizadas”, ás que este ano se lle dedica a lema ‘Mulleres LTB: sororidade e feminismo’.

Por iso, a Deputación apela a facer “un esforzo específico” para recoñecer a loita e as necesidades destas mulleres que sofren unha “dobre discriminación” no contexto dunha “sociedade machista”.

“Temos que traballar desde a escola, porque só coa educación en diversidade alcanzaremos unha igualdade plena, consolidada e real. E precisamos traballar nas institucións, públicas e privadas, para facer real esa igualdade, rexeitando os estereotipos negativos que tantas veces acompañan ás mulleres lesbianas, bisexuais ou trans”, remarca o goberno provincial.

Ademais, a Deputación alude ao marcado “carácter rural” de Lugo, o que engade en ocasións “dificultades específicas aos problemas” que teñen que afrontar as persoas LGTBI+: “Soidade, falta de referentes, maior incomprensión social e familiar, mesmo rexeitamento”.

Por iso, a institución fai un chamamento a que os concellos sexan a administración “máis próxima” ao colectivo que vive en pequenos municipios, posto que responsables políticos e persoal municipal debe “reforzar o seu compromiso” cos dereitos destas persoas.

Precisamente, o Concello de Monforte, gobernado polo propio José Tomé, tamén se sumou aos actos do Día do Orgullo a través da colocación da bandeira arcodavella na fachada da Casa Consistorial.

Este símbolo do colectivo LGTBI+ permanecerá colgada ao longo de toda a próxima semana, tal e como explicou o rexedor, quen en nome de todos os veciños reafirmou o seu “apoio” a unhas reivindicacións que buscan facer visible a diversidade da sociedade “á vez que promoven a igualdade, liberdade e o respecto de todas as persoas”.

ÚLTIMAS

O Concello de Rábade prepara un “reacollo estable” para os 13 membros da familia cuxa casa resultou calcinada

O Concello de Rábade ultima os trámites para poder ofrecer unha "reacollo estable" aos 13 membros,...

Arden dous edificios no centro de Rábade

Un incendio calcinou dous edificios de dúas plantas no centro do municipio de Rábade...

Identificados dous menores en Lugo por tirar pedras a coches aparcados

A Policía Local de Lugo identificou o pasado 25 de abril a dous menores que...

Denunciado en Lugo un condutor baixo os efectos do alcol, que se saíu da vía e chocou contra un sinal

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un condutor que deu positivo no...