Home Lugo e contorna Lugo Pecha o albergue provisional montado no Pavillón dos Deportes para as persoas sen fogar

Pecha o albergue provisional montado no Pavillón dos Deportes para as persoas sen fogar

0
Pecha o albergue provisional montado no Pavillón dos Deportes para as persoas sen fogar
Dispositivo de traslado do Fogar do Transeúnte ao Pavillón Municipal | ALX

O Concello de Lugo pechou esta fin de semana o albergue que montara no Pavillón Municipal dos Deportes para acoller de maneira provisional as persoas sen teito durante a pandemia.

O goberno local habilitara estas instalacións o  27 de marzo, dado que o Fogar do Transeúnte estaba “desbordado” e facíase moi complicado atender a toda a xente en condicións de seguridade. En total, o pavillón acolleu 77 persoas sen fogar de Lugo, pero tamén doutras cidades como Santiago, Ourense, A Coruña, Bilbao ou Madrid.

Agora, coa mobilidade recuperada, o Concello explica que moitos dos usuarios volverán ao seu lugar de orixe, así que o Fogar do Transeúnte xa poderá dar cobertura aos usuarios habituais.

Así, o persoal do Concello recolleu todo o equipamento instalado no pavillón, xestionado neste tempo por un equipo de Cruz Vermella e voluntarios. Agora agárdase que estas instalacións poidan restablecer o seu uso deportivo.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here