InicioSociedadeLugo abrirá todos os parques infantís cando estean desinfectados

Lugo abrirá todos os parques infantís cando estean desinfectados

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia cumprirá o luns unha semana en nova normalidade e farao, aínda a pesar do decreto da Xunta que permite a súa apertura, con boa parte dos parques infantís pechados, unha situación na que, segundo os propios municipios, tivo que ver a escasa marxe de adaptación dado polo improvisación do decreto da Xunta e os altos custos que deben asumir os consistorios para facer fronte ás normas de seguridade.

De feito, os operarios de limpeza de Lugo iniciaron a desinfección das súas áreas infantís a comezos de semana, coa intención de ir abrindo estas instalacións unha vez que estean aptas para o seu uso, o mesmo que está a ocorrer en Ferrol.

Algunhas cidades, como Santiago e Vigo, xa adiantaron que lles resultará imposible abrir as súas instalacións de forma inmediata, mentres que o resto realizaron os protocolos de desinfección e información coa idea de ir abrindo progresivamente os parques, algo que en casos como o de Pontevedra, non se producirá, polo menos, ata a próxima semana.

Por mor desta cuestión, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) manifestou o seu malestar e acusou á Xunta de publicar un decreto con normativa que afecta as localidades “sen ter en conta as necesidades económicas e de recursos humanos que a posta en marcha destas require e, en moitos casos, sen dispor incuso do tempo necesario para a súa implantación”. Máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatá o goberno de Lugo ao bipartito do PSOE...

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...