InicioSociedadeA orquestra Panorama cancela a súa xira deste verán 2020

A orquestra Panorama cancela a súa xira deste verán 2020

Aseguran que non é posible adaptar á nova normalidade o seu espectáculo, tamén tronzado polas cancelacións das comisións de festas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Menos dunha semana despois de que o Goberno galego anunciase que as verbenas populares poderían regresar a partir do 1 de xullo, e o día despois de que avanzase a creación dun protocolo na materia, unha das orquestras máis recoñecidas de Galicia, a Panorama, anunciou este mércores que cancela a súa xira 2020. Alega, entre outras cuestións, a “imposibilidade” de adaptar o seu espectáculo ás condicións da nova normalidade.

A formación indica que, por seguridade, prefiren non arriscarse a provocar “aglomeracións” derivadas das súas actuacións e avanzan que, tras as últimas cancelacións de comisións de festas, “resulta totalmente imposible realizar a xira con menos de 15 actuacións”.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...