InicioSucesosTrasladan en helicóptero un home con queimaduras por accidente laboral

Trasladan en helicóptero un home con queimaduras por accidente laboral

De acordo co relato que deu ao 112, o operario queimouse cando se abriu un portelo de aspiración con po quente.

PUBLICADA O

Un home tivo que ser trasladado en helicóptero ata o Hospital de Ourense con diversas queimaduras no corpo tras sufrir un accidente laboral no municipio lucense do Incio. Segundo informa o 112, os feitos ocorreron na tarde do sábado na fábrica para a que traballa, situada en Vila de Mouros, na estrada LU-546.
Foi un compañeiro do ferido quen, sobre as 20,30 horas, indicaba o ocorrido aos servizos de emerxencias. De acordo co relato que deu ao 112, o operario queimouse cando se abriu un portelo de aspiración con po quente. De feito, debido á importancia das lesións, necesitou ser evacuado nun helicóptero medicalizado.
Ademais dos servizos de Urxencias Sanitarias-061, que desprazaron a aeronave ata o punto, o 112 solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil. O traballador foi trasladado ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. U
+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...