Home A Ulloa A Xunta atrasa ata xullo a apertura de bares nocturnos e discotecas

A Xunta atrasa ata xullo a apertura de bares nocturnos e discotecas

0
A Xunta atrasa ata xullo a apertura de bares nocturnos e discotecas
Discoteca | Europa Press - Arquivo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixo uso este luns da súa capacidade como autoridade competente delegada para asinar un decreto polo cal apraza ata o mes de xullo a apertura de discotecas e establecementos de lecer nocturno na comunidade.

Fíxoo tras unha reunión inderdepartamental na que a Consellería de Sanidade expuxo un informe relativo a esta cuestión. A decisión supón aprazar unhas semanas a apertura deste tipo de establecementos, cuxo funcionamento estaría permitido polo proceso de desescalada xa desde a fase tres, na que Galicia entrou este luns.

Con todo, en opinión do Goberno galego, o funcionamento destes locais “non procede por agora”, senón que consideran “preferible esperar” a que “se poida avaliar o resultado do levantamento doutras restricións”, como o libre tránsito entre as catro provincias galegas, que tamén se permite desde este luns.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here