Home A Ulloa Os núcleos con menos de 5.000 veciños quedan libres das franxas horarias para pasear

Os núcleos con menos de 5.000 veciños quedan libres das franxas horarias para pasear

0
Os núcleos con menos de 5.000 veciños quedan libres das franxas horarias para pasear
Unha muller camiña co seu carro da compra en Castro Ribeiras de Lea | EFE - Eliseo Trigo

As restricións de mobilidade por franxas horarias xa non se farán por concellos na comunidade galega, senón que se distinguirá por núcleo, tal como demandaba a Xunta. Así, todos os núcleos de poboación galegos con menos de 5.000 habitantes estarán libres de franxas horarias para establecer as saídas á rúa a partir deste venres.

Confirmouno este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a través dun chío. Desta maneira, Galicia rexerase polos mesmos criterios ca o Principado de Asturias e, a efectos prácticos, isto suporá que concellos como Castro de Rei ou Outeiro de Rei —que no conxunto municipal superaban por moi pouco o límite dos 5.000 habitantes a pesar de ser dispersos territorialmente— poidan moverse sen restricións horarias.

Podes ler toda a información no Galicia Confidencial.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here