InicioEconomíaDe cada tres turistas que visitan Lugo, un é internacional

De cada tres turistas que visitan Lugo, un é internacional

O número de turistas que chegan á cidade dende fóra de España increméntase un 11 por cento neste 2018, en especial no escaparate estadounidense

PUBLICADA O

- Advertisement -

O turismo lucense comeza a abrirse paso no escenario internacional. De xeito tímido pero constante, a capital da provincia amosa datos prometedores no primeiro semestre deste 2018. Entre xaneiro e xuño, a Oficina Municipal de Lugo rexistrou a chegada de 3.800 turistas foráneos, un aumento do 11 por cento con respecto ao mesmo período do ano anterior.

Este ascenso na afluencia internacional supón que o 32,6 por cento dos visitantes chegan de fóra de España. Os principais emisores, segundo os datos do ente local, son Estados Unidos e Francia. Entre ámbolos acadaron 690 turistas, cunha suba salientable entre os norteamericanos, que con respecto ao primeiro semestre de 2017 incrementáronse nun 35 por cento.

Asemade é relevante o movemento de turistas alemáns, arxentinos, italianos, portugueses e xaponeses polas instalacións da Praza do Campo e a Rede Museística. As cifras son cualificadas polo departamento de Turismo coma “tremendamente positivas”. A concelleira Carmen Basadre resalta a “fortaleza na proxección exterior” polos logros acadados de xeito consistente ao longo dos anos na cidade.

A edil lembrou da importancia da colaboración entre as institucións e os profesionais dos sector en Lugo, así como da aposta por competir con outros destinos a través dunha oferta diversa, cultural, patrimonial e lúdica.

 

O turismo en xuño

No referido ao mes de xuño, algo máis de 6.200 persoas visitaron as instalacións museográficas e a oficina local de turismo. O mercado estatal segue dominado polas xentes de Madrid, seguidas dos visitantes procedentes de Castela e León e Cataluña. En canto aos turistas estranxeiros, Francia e Reino Unido son os máis habituais.

Entre a Rede Museística, o centro que máis interese espertou foi a Casa dos Mosaicos, con preto de duas mil visitas. Os outros puntos de interese maioritarios foron a Sala de Exposicións Porta Miñá, o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e o centro de San Roque.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...