InicioSucesosInterceptan nunha soa mañá sete coches en Lugo cuxos ocupantes incumprían as...

Interceptan nunha soa mañá sete coches en Lugo cuxos ocupantes incumprían as normas de distancia

Lembran que non pode ir máis dunha persoa por cada fila de asentos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou na mañá do martes a un total de sete vehículos nos que os seus ocupantes incumprían as normas de distancia social ditadas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana en relación ao coronavirus.

Nun comunicado remitido aos medios, o Concello de Lugo explicou que efectivos da Policía Local detectaron as infraccións en varios controis postos en marcha en distintas rúas do centro urbano.

Os axentes levantaron un total de sete actas de infracción por incumprir o establecido nas normas ao detectar que nos vehículos nos que debe viaxar máis dunha persoa non se respectaba o indicado, é dicir, que viaxase unha persoa por cada fila de asentos.

A Policía Local de Lugo lembrou que as condutas contrarias ao establecido no Real Decreto polo que se declara o Estado de Alarma son consideradas como infraccións graves á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, con multas de 601 a 30.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia comeza o seu mandato retirando unha bandeira palestina e reuníndose con representantes do persoal municipal

A popular Elena Candia arrincou a súa nova etapa como alcaldesa de Lugo e...

O “equipo” de Candia: sete tenentes de alcalde e María Reigosa como non adscrita

O novo goberno municipal de Lugo presidido por Elena Candia xa está en marcha....

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

Lugo acolle este sábado a V Edición da Carreira e Andaina Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral

Esta madrugada pechouse con 450 persoas participantes a inscrición na 5ª edición da Carreira...