InicioSucesosCachan na A-6 un coche que viña de Madrid cara á costa...

Cachan na A-6 un coche que viña de Madrid cara á costa galega cunha morea de equipaxe

A Garda Civil interceptou o vehículo á altura de Begonte. A condutora foi denunciada por incumprir as restricións do estado de alarma e por non respectar o Regulamento Xeral de Circulación, xa que as bolsas impedían unha correcta visibilidade na estrada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller foi interceptada no seu turismo por unha patrulla da Garda Civil mentres se dirixía a Galicia a través da A-6 co vehículo repleto de bolsas, equipaxe e todo tipo de obxectos que chegaban a ocupar a totalidade do espazo do coche.

A patrulla formaba parte do dispositivo despregado para verificar o cumprimento das restricións durante o estado de alarma. Mentres se atopaban de vixilancia no quilómetro 507 (sentido Madrid), da autovía A-6, os axentes detectaron un coche que circulaba en dirección A Coruña e que ía cheo de bolsas.

Nese momento, a patrulla realizou un cambio de sentido para tentar alcanzar o vehículo, que finalmente localizaron á altura do quilómetro 517 da citada vía, ao seu paso polo concello de Begonte.  A muller, que procedía do centro da península, tiña intención de desprazarse á costa galega, viaxe para o que adquirira o automóbil no que circulaba.

Os axentes procederon a efectuar denuncia por suposta infracción ao Regulamento Xeral de Circulación ao conducir con visibilidade limitada e pouca liberdade de movementos. Tamén foi denunciada por incumprir as restricións vixentes durante o estado de alarma.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...

Detido por explotar e ter en condicións infrahumanas a un traballador estranxeiro

A Policía Nacional da Comisaría de Lugo detivo a un home como suposto autor...