InicioMedioambiente e PatrimonioOs tecores da Terra Chá e Negueira de Muñiz, entre o mellor...

Os tecores da Terra Chá e Negueira de Muñiz, entre o mellor de Europa

A etiqueta Wildlife Estates recoñece a diversidade da fauna e a calidade paisaxística dentro da Unión Europea

PUBLICADA O

- Advertisement -

A excepcional biodiversidade de Lugo conta cun novo certificado de calidade a nivel europeo. Negueira de Muñiz renova o recoñecemento Wildlife Estates, ao que este ano incorpóranse os tecores da Terra Chá. Esta etiqueta valora a boa xestión dos espazos naturais en 17 países da Unión Europea, coa auditoría de 1.600.000 hectáreas certificadas coma exemplares dende o punto de vista da fauna e a paisaxe.

Este selecto grupo conta co tecor de Negueira de Muñiz dende hai sete anos. A renovación deste recoñecemento vai acompañada da incorporación do espazo da Terra Chá, que recibe este venres o seu certificado de calidade. O acto está previsto para as 11.30 horas no Museo das Aves de Feira do Monte, en Cospeito. Estes tecores serán os primeiros en Galicia en contar coa distinción.

O tecor chairego dispón de máis de 200 especies de vertebrados catalogados, aínda que só oito teñen interese cinexético. Segundo explican os responsables de Wildlife Estates, esta condición converte á Terra Chá nun auténtico reservoiro da natureza, incluíndo a súa riqueza forestal e paisaxística.

No anuncio estiveron presentes o delegado da entidade certificadora dos tecores, Caros Otero Muerza, o presidente do Tecor Terra Chá, Jaime González Penelas, o presidente de honra do Tecor de Negueira de Muñiz, José Luís Lodos Ferreiros, o experto cinexético Francisco García-Bobadilla, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

A etiqueta Wildlife Estates foi deseñada de acordo coa política ambiental e dentro dos parámetros lexislativos que establece un dos socios promotores a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Unión Europea. Os predios e territorios que locen este distintivo, ademais de asinar unha carta de compromisos e pasar a correspondente auditoría ambiental, superan avaliacións periódicas sobre as medidas de prevención de incendios, dispoñibilidade de auga e comida, fomento da diversidade, boas prácticas agrogandeiras e programas de comunicación, entre outros.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...