InicioSucesosOito presos do cárcere de Monterroso son illados tras protagonizar unha "pelexa...

Oito presos do cárcere de Monterroso son illados tras protagonizar unha “pelexa multitudinaria”

Cinco funcionarios do centro penitenciario resultaron feridos de carácter leve ao tentar apaciguar os reclusos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha lea multitudinaria no interior do centro penal de Monterroso saldouse con cinco funcionarios feridos leves e oito reclusos trasladados ao módulo de illamento.

O suceso tivo lugar a iso das 18:00 horas do martes no patio do centro, cando os presos gozaban das súas horas ao aire libre nas pistas. Daquela, un enfrontamento entre os internos derivou nunha “multitudinaria pelexa”, segundo detalla a Asociación Profesional de Funcionarios de Prisións (APFP) nun comunicado.

O incidente saldouse con cinco funcionarios feridos de carácter leve, principalmente por contusións e rascaduras producidas durante o forcexeo cos internos para tratar de reconducir a situación. Un dos traballadores sufriu un corte nunha perna.

Pola súa banda, oito dos reclusos involucrados na lea foron levados a illamento, mentres que un noveno foi trasladado a outro módulo “por precaución”, como apunta a APFP, que asegura que “facía moitísimos anos que non se vivían” actos coma este no cárcere de Monterroso.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...