InicioSociedadeA provincia rexistra dez novos positivos nun día e xa suman un...

A provincia rexistra dez novos positivos nun día e xa suman un total de 46

Segundo informa a Consellería de Sanidade, en Galicia detectáronse 567 casos, con cinco altas e seis falecementos (o último, producido en Monforte).

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou este venres de que o número de diagnósticos por coronavirus na provincia de Lugo se elevou ata os 46 casos. Son, polo tanto, dez positivos máis ca os detectados ata onte. Ademais, produciuse o primeiro falecemento por Covid-19 nesta provincia: un chantadés de 89 anos que xa sufría complexas patoloxías previas.

Deses 46 positivos, son dez os que están ingresados: sete pacientes en planta e tres na UCI.

No ámbito galego, os casos ascenden ata os 567, o que supón un incremento do 30% respecto dos rexistrados onte (444). Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Darío Villanueva será Fillo Predilecto de Vilalba pese absterse o BNG e non ter a unanimidade do pleno

Darío Villanueva será nomeado Fillo Predilecto de Vilalba despois de que a proposta por...

Besteiro pechará a campaña en Lugo

Os principais partidos de Galicia teñen unhas apertadas axendas para a xornada final da...

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...