InicioSociedadeO HULA incorpora test rápidos de coronavirus nos que o usuario non...

O HULA incorpora test rápidos de coronavirus nos que o usuario non ten que baixar do coche

O usuario só pode acudir baixo cita previa e prescrición médica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) xa puxo en marcha o sistema de detección de coronavirus a través da ventá dos vehículos, sen que o paciente teña que baixar. Trátase dunha modalidade de test rápido implantada no Hospital do Meixoeiro de Vigo durante esta semana e que o Sergas decidiu trasladar ao resto de áreas sanitarias.

O sistema funciona con cita previa, baixo prescrición médica, pero a idea é axilizar o proceso de recollida de mostras a domicilio. Ademais, esta vía supón un menor gasto de EPIs (Equipos de Protección Individual), xa que cada visita a unha vivenda implicaba un cambio completo do material empregado. Agora, os profesionais empregarán un único equipo por quenda, sen ter que mudalo para atender a cada paciente.

Na actualidade, este test xa funcionan en Vigo, Ourense e Lugo. Está previsto que este venres empece na Coruña e Pontevedra, e o luns, en Santiago e Ferrol. Podes ler a información completa no Xornal de Vigo.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

O PP acusa á Deputación de financiar con fondos públicos á Federación de Veciños e os ‘hooligans’ da directiva

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo amosaron hoxe a súa...

A plataforma contra o transfuguismo convoca unha nova protesta antes da moción de censura en Lugo

A plataforma ‘Transfuguismo Non, Democracia Si’ convocou unha terceira concentración para protestar contra a...