Home Lugo e contorna Devolven un rapaz a un centro de menores tras atopalo con droga nunha praza de Lugo

Devolven un rapaz a un centro de menores tras atopalo con droga nunha praza de Lugo

0
Devolven un rapaz a un centro de menores tras atopalo con droga nunha praza de Lugo
O centro de menores Santo Anxo, en Rábade.

Axentes da Policía Nacional identificaron e sancionaron a un menor que estaba na estación de autobuses de Lugo consumindo sustancias estupefacientes. O mozo foi reintegrado no centro de custodia Santo Anxo de Rábade, onde residía.

Segundo informou a Policía Nacional, nun control rutineiro localizouse un mozo que manipulaba haxix na Praza da Constitución. Procederon á súa identificación, pero o rapaz non portaba ningún documento. Así pois, foi trasladado a dependencias policiais na rúa Chantada, onde se puido constatar que o seu domicilio estaba fixado no centro de menores de Santo Anxo (Rábade).

Deste xeito, concretou a Policía Nacional, unha vez os axentes contactaron co centro, este fíxose cargo do menor.

+ posts