InicioCulturaO pulo da arte urbana en Lugo: o Concello busca artistas locais...

O pulo da arte urbana en Lugo: o Concello busca artistas locais para pintar un mural na Pista Vermella

A área de Deportes recolle así a proposta lanzada por Guido Álvarez nas redes sociais para mellorar o aspecto da caseta municipal a través dun grafitti que homenaxee o basket de rúa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Deportes do Concello de Lugo busca artistas locais para embelecer cun mural a caseta municipal situada a carón da Pista Vermella. O goberno local recolle así a proposta que lanzou nas redes sociais Guido Álvarez, guía turístico lucense, que pedía apostar pola arte urbana para mellorar a imaxe deste espazo emblemático do baloncesto lugués.

O Concello abriu, entón, unha convocatoria de ideas para o mural, cuxo contido deberá homenaxear a historia do deporte lucense e, especialmente, do basket de rúa. O deseño, de técnica libre sempre que sexa duradeiro no tempo, será escollido mediante votación popular nas redes sociais no vindeiro mes de abril.

Antes, todas as persoas maiores de idade interesadas en participar poderán enviar as súas propostas, ben sexa de forma individual ou colectiva, ao enderezo deportes@concellodelugo.org ata as 23:59 horas do 12 de abril. As bases completas poden consultarse na web do Concello.

Para o edil de Deportes, esta será unha maneira de mellorar o aspecto da caseta da Pista Vermella, pero tamén de darlle pulo á arte urbana e visibilizar o talento dos artistas locais.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...