InicioSociedadeA defensa de De Lara critica a "velocidade" coa que se sacou...

A defensa de De Lara critica a “velocidade” coa que se sacou a concurso a súa praza en Lugo

O avogado, Agustín Azparren, ve estraño tal "velocidade" cando aínda non se resolveu o recurso de reposición presentado por Pilar de Lara ante o Tribunal Supremo, no que se pedía a non execución da sanción do CXPX.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado da xuíza Pilar de Lara, Agustín Azparren, confirmou que xa saíu a concurso público a praza para o Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, que ocupaba a maxistrada ata o momento no que se fixo firme a sanción polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX). Azparren criticou a “gran velocidade” coa que iso sucedeu, aínda sen resolverse o recurso presentado.

En concreto, Azparren refírese ao recurso de reposición presentado ante o Tribunal Supremo no que se solicita a non execución da sanción de sete meses e un día, que implica perda de destino. “Parece que aquí van con gran velocidade, sen esperar a que se resolva o recurso de reposición”, afeou o avogado que representa a Pilar de Lara no expediente sancionador.

Enfrontou isto á rapidez coa que se produciu o cesamento da propia maxistrada, sobre o que lembrou que ocorreu de “forma estraña, sen orde de cesamento ninpublicación no boletín”.

No entanto, e aínda que considera “improbable” que o recurso sexa favorable aos intereses da xuíza, haberá “que esperar uns días” para ver que dita o Tribunal Supremo e valorar se se é posible “rectificar”. Malia iso, “non deixaría de ser un inconveniente porque habería que facer unha rectificació no BOE e retirar a praza”, recoñeceu o avogado.

“Suponse que o recurso de reposición se resolverá probablemente nestes días”, incide Azparren, quen insistiu en que “non deixa de ser estraña” tanta “celeridade” para sacar a concurso público a praza para o Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, no que permaneceu os últimos doce anos Pilar de Lara como responsable do mesmo, entre 2007 e principios de 2020.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...