InicioMedioambiente e PatrimonioAs Xornadas Interxeracionais Rurais de Xermade cumpren 14 anos cun variado programa

As Xornadas Interxeracionais Rurais de Xermade cumpren 14 anos cun variado programa

Charlas, xogos, obradoiros de radio e exhibicións de torno son algunhas das actividades da décimo cuarta edición destas Xornadas adicadas ao rural de Xermade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación de veciños de Cabreiros, o Concello de Xermade e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago (USC) organizan a décimo cuarta edición das Xornadas Interxeracionais Rurais, que comezarán o 26 de maio e durarán ata o 9 de xuño.

A xornada inaugural adicarase á agricultura e gandería, con especial fincapé no monte e como xestionalo para previr incendios. A organización contará con dúas empresas gandeiras e dúas froiteiras.

O 1 de xuño, día da segunda xornada, a actividade será no Ceip de Xermadecentro que tamén colabora coa iniciativa. Haberá xogos populares e tradicionais, para non esquecer a importancia do ocio nas nosas vidas.

saúde será a protagonista da mañá do 2 de xuño. A psiquiatra Sonia Gómez ofrecerá unha charla sobre os estigmas sociais das enfermidades mentaisFernando Prieto, veciño de Xermade, falará sobre a súa visión e experiencia. Ademais, haberá un obradoiro de primeiros auxilios, que terá un cariz práctico, a cargo de María Jesús Castro Abella, doutora no PAC de Vilalba, e Manuel Cabarcos Calvo, técnico de Emerxencias Sanitarias.

Ese mesmo día, pola tarde, haberá un laboratorio de radio, dirixido por Lucía Abarrategui e Sergio Pascual. Unha parte estará adicada a coñecer a experiencia de Brais Couto Carbia, alumno de Educación Social da USC. Porá o broche de ouro a esta actividade a veciñanza de Xermade, que protagonizará unha peza de radioteatro, ‘O Ladrón das Letras Grandes’.

No peche, o día 9, farase entrega dos agasallos aos traballos premiados no quinto certame de investigaciónXermade na Historia. María Martín Seijo presentará un traballo sobre a arqueoloxía de madeira Vicente Ledo, torneiro e creador do encontro de torneiros que ten lugar no municipio, falará deste oficio. Os Amigos da Madeira de As Pontes e Lolo de Severiano participarán nunha demostración práctica da utilización do torno.

TODOS OS TALLERES SON GRATUÍTOS

As xornadas, financiadas polo Concello e a Deputación Provincial de Lugo, pretenden unir a nenos, adultos e maiores para reflexionar sobre a vida no rural. Todas as actividades son gratuítas e non precisan de inscrición.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...