Home Ancares Navia de Suarna Navia de Suarna entrégase ao sabor da androlla

Navia de Suarna entrégase ao sabor da androlla

0
Navia de Suarna entrégase ao sabor da androlla
Presentación da XXX Festa da Androlla de Navia de Suarna | ALX

O concello lucense de Navia de Suarna espera recibir este domingo, 23 de febreiro, a visita dunhas 2.000 persoas con motivo da XXX Festa da Androlla.

Durante esta celebración poranse á venda máis de 1.000 quilos deste produto. “Todos os anos se superan as cifras de vendas”, salienta o alcalde de Navia, José Fernández.

O programa de actividades comezará ás 10:00 horas cuns pasarrúas. Ás 10:30 dará inicio a festa coa apertura dos expositores.O peche da xornada será ás 18:00 da man dun grupo de gaitas.

A Deputación de Lugo colabora con esta festa de exaltación da androlla cunha achega de 3.000 euros.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here