Home Ancares Baralla Investigan un septuaxenario de Baralla por darlle unha paliza ao seu veciño de 85 anos

Investigan un septuaxenario de Baralla por darlle unha paliza ao seu veciño de 85 anos

0
Investigan un septuaxenario de Baralla por darlle unha paliza ao seu veciño de 85 anos
Axentes da Garda Civil

Un home de 70 anos foi detido en Baralla por terlle propinado unha suposta paliza ao seu veciño octoxenario.

Segundo informou a Garda Civil, o detido está a ser investigado por un delito de lesións logo de que a vítima denunciase que o agredira fisicamente. Presentou un parte de lesións polos traumatismos e hemorraxias causados tras os golpes.

O detido quedou a disposición xudicial, tal como informa a Benemérita.

+ posts