InicioSociedadeDetida tras facerse pasar por médica sen ter a formación nin o...

Detida tras facerse pasar por médica sen ter a formación nin o título precisos

A moza, de 26 anos está a ser investigada polos supostos delitos de intrusismo laboral, contra a saúde pública, falsidade documental e falsificación de certificados oficiais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A Garda Civil detivo unha moza de 26 anos de idade, veciña da Coruña, por facerse pasar por médica e exercer como profesional sanitaria cando “carecía da formación e a titulación necesaria”.

Esta moza foi detida como investigada polos supostos delitos de intrusismo laboral, contra a saúde pública, falsidade documental e falsificación de certificados oficiais.

A investigación púxose en marcha coa colaboración do Colexio Oficial de Médicos de Lugo, ante as sospeitas de que esta persoa puidese estar a exercer como facultativa nunha localidade da provincia sen obter a titulación necesaria.

Realizadas as comprobacións necesarias e reunidas as probas, procedeuse á súa detención na Coruña. A sospeitosa xa foi posta ao dispor da autoridade xudicial. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...